xoves. 23.01.2025
El tiempo

Ángel Carracedo reflexionará sobre as Enfermidades Raras na Biblioteca Rego da Balsa

  • ÚLTIMA HORA: AFORO COMPLETO
Cartel Carracedo
Ángel Carracedo reflexionará sobre as Enfermidades Raras na Biblioteca Rego da Balsa

Carballo converterase nun referente na divulgación científica o próximo 23 de xaneiro grazas á visita do prestixioso Ángel Carracedo, un dos científicos galegos máis recoñecidos a nivel internacional. Organizada pola Agrupación Deportiva Un Paso Máis, a conferencia levará por título "Enfermidades raras e do neurodesenvolvemento" e terá lugar na Biblioteca Rego da Balsa ás 19:00 horas.

Durante a súa intervención, Carracedo afondará nos últimos avances en investigación xenética, destacando o seu impacto no diagnóstico e tratamento destas enfermidades, así como os desafíos que a ciencia enfronta neste ámbito. Trátase dunha oportunidade excepcional para escoitar de primeira man un referente mundial no campo da investigación científica.

A conferencia está aberta ao público e diríxese tanto a profesionais da saúde e da educación como a calquera persoa interesada en coñecer máis sobre estas patoloxías e o seu impacto social. A entrada será de balde, pero é imprescindible realizar unha inscrición previa para garantir a asistencia, xa que as prazas son limitadas. As inscricións están dispoñibles a través da páxina web www.unpasomais.org
 

Comentarios