xoves. 23.01.2025
El tiempo

A ANPA do CEIP Bergantiños insta á veciñanza a manifestarse ante a falta de atención educativa

Concentracion da ANPA A Granxa CEIP Bergantinos 3
Imaxe dunha das concentracións
A ANPA do CEIP Bergantiños insta á veciñanza a manifestarse ante a falta de atención educativa

Xoves activo para as familias do CEIP Bergantiños. A ANPA A Granxa vai presentar no pleno (tras ser aprobada a súa participación gracias aos votos de BNG e PSOE, e a abstención do PP) as súas demandas en materia educativa, e denunciar así a falta de persoal docente e especialista no colexio.

Tocaralla á presidenta da ANPA, Rocío Villar Díaz, trasladar de primeira man a situación que se vive no colexio, esperando que de seguido o pleno aprobe unha moción de apoio as reivindicacións da nosa comunidade educativa con cerca do 40 % do alumnado con necesidades de apoio educativo, e que non o están a recibir por falta de persoal.

Así, e despois de semanas de concentracións ás portas do colexio, sen ter resposta algunha da Consellería de Educación, as familias invitan a toda a veciñanza a participar na convocatoria que teñen convocada para ás 20:00h diante do Concello, media hora antes do pleno.

”Aos grupos políticos do noso Concello, pedímoslle que apoien a moción e se comprometan cos rapaces e rapazas que están a sufrir esta desatención, por riba de intereses partidistas”, piden dende a ANPA.

Non se puido tratar no pleno do Parlamento

Este mesmo mércores, a parlamentaria socialista Lara Méndez quixo sacar o tema no pleno do Parlamento Galego, cunha pregunta que finalmente non foi contestada polo presidente Alfonso Rueda. "Era demasiado perder 11 minutos para poder debater unha pregunta máis", ironizou a socialista.

Novas relacionadas

Comentarios