A ANPA A Granxa levará tamén a pleno as demandas da comunidade educativa do CEIP Bergantiños
Continúa a ANPA A Granxa do CEIP Bergantiños levando as demandas da comunidade educativa por todos os estamentos. Ademais de manter as concentracións diarias á porta do centro, polo menos, ata do día 20, este pasado luns mantiveron unha reunión con representantes municipais, entre eles o rexedor, Evencio Ferrero, e a concelleira de Educación, Mar Eirís.
A presidenta da ANPA, Rocío Villar Díaz, relatou a serie de escritos que teñen `presentado coas súas reclamacións en materia de apoio ás Necesidades Educaticas Específicas, tanto na Consellería, na Inspección Educativa como na Valedora do Pobo, senda esta última a única que ten respostado, aceptando a queixa e instando a Xunta a manifestarse.
Dende a ANPA, agradeceron o apoio do Concello e pediron intervir no pleno deste xoves, a través dunha moción. Finalmente as familias do alumnado do CEIP Bergantiños decidiron, na xuntanza celebrada este luns á noite, trasladar as súas demandas ao pleno da corporación a
través dunha moción que será debatida na sesión ordinaria do xoves 19. A iniciativa será presentada de xeito conxunto polo BNG e o PSOE.
Por outra banda, dende a ANPA compartiron as melloras realizadas no centro e algúns proxectos de envergadura que lle correspondería acometer á Consellería de Educación.