Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Aprendendo experiencias de Emprendemento Solidario

Carballo clausura_laboratorio_social
Aprendendo experiencias de Emprendemento Solidario

Tivo lugar este luns o acto de clausura do Laboratorio de emprendemento solidario e social impulsado pola Concellaría de Promoción e Económica e Reas Galicia en Carballo. Un ciclo para “Promover o emprendemento baixo os principios e o modelo da economía social e solidaria, tendo en conta a sustentabilidade ambiental, a defensa da equidade nas relacións económicas, a busca da cooperación, a ausencia de ánimo de lucro e o compromiso coa contorna”.

Na última xornada, dedicada á axuda no fogar, presentáronse varios proxectos empresariais que cumplen os requisitos comentados. A directora do centro especial de emprego de Aspaber, Dolores Fernández; unha representante da cooperativa de cohousing para maiores Ancoradoiro, e outra do Proxecto Colaxe, unha rede de cooperativas de Casas do Maior na Costa da Morte, compartiron as súas experiencias ante o obradoiro dual de emprego “Carballo Coida”, que se desenvolve no Fórum Carballo e que, precisamente, está centrado na formación de persoal de atención sociosanitaria en institucións sociais.

Durante o acto, o concelleiro de Innovación, Formación e Emprego, Iván Andrade, confirmou que o Concello vai volver solicitar un novo obradoiro de emprego de atención sociosanitaria, así como outro de restauración e hostalería.

Comentarios