mércores. 04.12.2024
El tiempo

Arrincaron na Aula CeMit de Carballo os talleres de impresión 3D interxeracionais

 

 

impresion 3D na Aula CeMIT de Carballo
Arrincaron na Aula CeMit de Carballo os talleres de impresión 3D interxeracionais

Fantástica a mestura que se vai dar os martes de 18.30 a 20.30 horas na Aula CeMIT de Carballo. Estreando as novas impresoras 3D achegadas pola Xunta, arrincaron unha serie de talleres nos que participan desde nenos e nenas de 10 anos ata adultos de distintas décadas.

O obradoiro, impartido por Jorge Cebey, continuará ao longo de todo este mes, sendo a segunda tanda para o mes de febreiro.

Máis cursos e xornadas

Ademais deste curso, todos os martes e mércores pola mañá desenvólvese a escola de informática para maiores de 60 anos, na que participan corenta veciños e veciñas do noso concello desde setembro ata finais de maio.
Para este venres está prevista unha xornada de gravación de voces no marco do Proxecto Nós, na que todo o mundo pode participar achegándose ao Pazo da Cultura de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas ou aquí.
E o día 15, tamén en colaboración coa Xunta de Galicia, celebrararán unha xornada sobre ciberseguridade para a que poderás inscribirte a partir do luns 11 no Fórum Carballo (oficinas municipais, 2º andar).

Comentarios