Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Arte e música danse a man no Estudo Garabato

Exposicion de arte musical en Garabato-Carballo
Arte e música danse a man no Estudo Garabato

Volven as exposicións ao Estudo Garabato en Carballo (dende febreiro non había eventos na galería de Mon Lendoiro). Dende o 8 de agosto ata o 12 de setembro a galería carballesa acolle a exposición colectiva “Música Ilustrata”. Unha mostra na que Milagros Cotelo, Cristina Castro, Isabel Soutullo, Mon Lendoiro, Luis Pesce, Santi Picos, Noemí d. Neira e Seve Auve comparten o seu amor pola música.

”A música non é tanxible, tampouco se pode ver, seica resulta a máis abstracta das artes pois se sente e conmove a través da escoita. Quen dubida de que a música é sentimento? Porque, quen non recorda un amor asociado a unha canción? Por iso é tan boa idea a unión coa pintura e co debuxo para plasmar o que nos evoca unha canción”, explica a sinopse da exposición.

Os artistas explican que teñen “a necesidade de amosar as imaxes que se producen nas nosas cabezas mentres voamos coa imaxinacion e os ritmos. Non só está o baile, ou a palabra, as artes deberían de vincularse todas para crear novas experiencias no público”.

De aí que fagan este “tributo ao mundo musical en xeral: aos instrumentos, aos músicos con nome propio e aos anónimos, as correntes ou estilos musicais, a festa…”

Exposicion Musica Ilustrata en Garabato-Carballo

Novas relacionadas

Comentarios