Luns. 27.01.2020
El tiempo

Javier Rodriguez abre os seus soños a todo o mundo na Galería Garabato

Javier Rodriguez estrea exposicion na Galería Garabato de Carballo
Javier Rodriguez estrea exposicion na Galería Garabato de Carballo
Javier Rodriguez abre os seus soños a todo o mundo na Galería Garabato

Numeroso público asistiu este pasado venres á inauguraciòn de "Procesos”, a nova exposición de Javier Rodrigues na Galería Garabato de Carballo. Unha cita onde o artista explicou a os presentes cada obra dende o seu proceso creativo ata a execución da mesma, facendo fincapé na simboloxia que hai detrás de cada unha de elas.

Durante a inauguración foi explicando cadro a cadro como xurdíu a idea e como a executou. El utilizou os seus soños para plasmar a maioria das obras. Moitas veces procedían de historias que el lía ou ben lle contaban. Tamén recoñeciu o choque cultural que tivo de Zurich a aquí, tendo en conta que  a súa infancia foi un péndulo de circunstancias de idas e vidas de dúas culturas diferentes.

Unha obra, que estará aberta ata o 15 de febreiro, que xorde dos seus propios sonos, plasmando o que o subconsciente lle ía dicindo. “O surrealismo baséase na interpretación do subconsciente. O mellor deste estilo é que sempre traballa nos sentimentos básicos que todos levamos dentro e coñecemos como o medo, a tristeza, a alegría, o amor e os nosos desexos propios”, explica Rodrigues. Por iso, porque se trata de compartir sentimentos, “é arte para todo o mundo”.

”O obxectivo desta Exposición é acurtar a brecha elitista que hai entre o mundo da pintura coa xente corrente. Pois moitas veces polo propios prexuízos de ámbalas partes fai que non se cheguen a coñecer”, explica.
“O meu desexo principal é crear cadros para a xente como ti e eu. Romper esa brecha que hai entre a arte contemporánea do cal en moitas ocasións non o entendemos ou non tivemos unha explicación previa para un mellor entendemento da mesma.”

 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios