luns. 09.06.2025
El tiempo

As Anpas de Carballo queren ampliar os servizos nos Centros

As Anpas de Carballo queren ampliar os servizos nos Centros
Reunion do Concello de Carballo coas ANPAs

En tempos de recortes, érguense en esixencias as Anpas dos centros educativos de Carballo, como ten que ser. Así, onte, os responsables das Anpas mantiñan nha reunión co Concello para explicar as súas demandas, que o Concello trasladará ante a Consellería de Educación. Unha das peticións foi a permanencia dos coidadores para os CEIP Fogar e Xesús San Luís Romero.

Así, eepresentantes da ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnos) "A Milagrosa" e da ANPA "Pedras Blancas" veñen de entrevistarse con representantes dos grupos políticos da corporación (Miguel Ferreiro, polo PP; Manuel Andrade, por TEGA; e José Antonio Viña polo PSOE), así como co Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e coa Concelleira de Educación, Mar Eirís, para explicarlles a súa situación. Así, consideran que o número de coidadores que está asignado nestes momentos para os dous centros, que comparten por horas un dos catro existentes, non é suficiente para atender as demandas de todos os nenos e nenas con problemas tanto motores como psíquicos matriculados nestes colexios.

Esta situación estase prolongando dende o pasado mes de novembro, e as ANPAs solicitan que se asigne un coidador máis para que o CEIP Fogar poida contar con tres e o CEIP Xesús San Luís Romero manteña os dous cos que contaba até o de agora e que son necesarios para atender as demandas do alumnado.
Así, o CEIP Fogar demandou no seu momento a incorporación dun novo coidador, xa que o centro rexistra numerosos casos de alumnado con diferentes minusvalideces (tanto motoras coma psíquicas), que era atendido coa presenza de tan só dous coidadores.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios