xoves. 15.05.2025
El tiempo

As Buseranas e o Círculo Feminista de Carballo fan un chamamento ás entidades da comarca para a nova folga do #8M

As Buseranas e o Círculo Feminista de Carballo fan un chamamento ás entidades da comarca para a nova folga do #8M
Mulleres da Buserana durante o pasado 25N-Foto-Rafa Quintans Mulleres da Buserana durante o pasado 25N-Foto-Rafa Quintáns

Albíscase un 2019 movido en materia feminista, despois do histórico 2018, no que as mulleres do mundo secundaron unha completa folga (laboral, estudantil, de coidados e de consumo) do 8 de marzo.

Así, xa co 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, xa no punto de mira neste 2019, as dúas entidades da bisbarra buscan sumar sinerxias con outros colectivos. Para iso convocan sendas xuntanzas abertas con entidades da zona facendo un chamamento de unión.

Xuntanza en Cee

As mulleres da Organización feminista Buserana queren facer un clar chamamento á sociedade, e convoca ás entidades da nosa terra e mais as persoas interesadas en formar parte da mobilización do vindeiro 8 de marzo a unha xuntanza este xoves 31 de xaneiro, ás 20.15 horas, no local de Buserana (Agra vello, 2º andar, Cee) co fin de artellala en conxunto, sumando forzas, e deixando ver que cos dereitos das mulleres non se negocia.

As buseranas convocan así ás entidade: “Á par dos nosos pasos percíbense claros sinais dun intento de retroceso, tan perigoso coma inadmisible: cuestionamento dos nosos dereitos, violencias que fican impunes, feminización da pobreza, precariedade e desigualdade laboral, ... Ante isto, dende Buserana facemos unha proposta, dirixida a todas as entidades e axentes sociais: organizar con nós unha manifestación en Cee, o 8 de marzo, baixo o lema decidido na plataforma8m "Por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista”.

Circulo feminista de Carballo

Xuntanza en Carballo

Tamén se organiza o Círculo Feminista de Carballo, que convoca a primeira asemblea aberta non mixta destinada á organización da xornada do vindeiro 8 de marzo. A cita será o 1 de febreiro ás 18:30 h terá lugar, no Casino1889 (Carballo), e están invitadas a todas as veciñas da comarca pertencentes ou non a partidos, sindicatos e/ou asociacións.

Esta asemblea servirá como toma de contacto entre aquelas interesadas en formar parte da organización da xornada de folga e manifestación, escoitando e valorando as propostas que alí se presenten.

 

Novas relacionadas

Comentarios