ASPABER adhírese ao Pacto Mundial das Nacións Unidas
Segue ASPABER ampliando miras e desta volta vén de adherirse ao Pacto Mundial das Nacións Unidas. Con esta carta de adhesión, a entidade bergantiñá comprométese a implementar alianzas sobre sostibilidade, influír nas redes sociais, e unirse e apoiar as plataformas en emisión.
Un xeito de contribuir a que a Axenda 2030 aprobada pola ONU para o Desenvolvento Sostible, sexa unha realidae, traballando dende unha nova perspectiva na que “a medición do rendemento da organización non se centre no valor xerado pola mesma para os propietarios, e que os indicadores sexan unicamente de carácter financeiro”.
Aspaber conta os 17 Obxectivos Mundiais coma un “chamamento universal á adopción de medidas para poñer fin á pobreza, ó cambio climático, a desigualdade económica, e potenciar a innovación, o consumo sostible, a paz e a xustiza, entre outras”, aportando así un valor integral ao concepto ˝sostibilidade”.
A entidade asinou a adhesión xunto con outras 12 entidades sociais membros de IN-RED e ADISLAN (Asociación de persoas con discapacidade de Lanzarote), no marco do Grupo Operativo Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (GoODS) xerado en decembro de 2020. Un Grupo pensado para “xerar Redes e Alianzas, utilizando o marco universal de acción común que nos proporcionan os ODS para guiar as nosas contribucións tanto individuais como de grupo”.
Novas
- ACADAS: Aspaber pilota un Proxecto Europeo de escolarización das persoas con discapacidade.
- Aspaber gaña a nova licitación de limpeza e xestión do punto limpo da Laracha por valor de 1 millón de euros.
Novas relacionadas
- Febreiro 2020: Carballo exporta experiencia en medidas de mobilidade urbana.
- Setembro 2020: As bicis e o pedibús protagonistas no último día da Semana da Mobilidade de Carballo.
- Xuño 2020: Carballo, entre as 10 cidades europeas de menos de 100.000 habitantes con mellores prácticas ambientais.
- Febreiro 2020: “Cicl-Ando”: 18 quilómetros de sendas para seguir facendo de Carballo un modelo de mobilidade sostible.
- Carballo, o único Concello que utiliza a palabra sostibilidade.