Volven os Xoves de Cine ao Espazo de Natureza de Oza
07:48 15/10/25
Non para Senda Nova de poñer a andar novas actividadespara pasar o outono. Ademais da 14ª edición do programa Rutas de Outono, a entidade prepara xa o ciclo Xoves de Filme, que voltan este xoves ao Espazo da Natureza de Oza.
A programación de Senda Nova compleméntase con proxeccións de caracter social para encher as tardes dos xoves.
A primeira cita será con El secreto del bosque, de Antonio Grundfeld, cunha historia que se adentra na selva virxe de Guinea Ecuatorial.

