xoves. 19.06.2025
El tiempo

Rematou o curso na Escola Ambiental de Senda Nova, un dos proxectos ambientais máis completos de Galicia para a mocidade

Alumnado da Escola Ambiental de Senda Nova vendendo os seus produtos no Mercado de Carballo 1
Alumnado da Escola Ambiental de Senda Nova vendendo os seus produtos no Mercado de Carballo
Rematou o curso na Escola Ambiental de Senda Nova, un dos proxectos ambientais máis completos de Galicia para a mocidade

O pasado sábado día 14 de xuño clausurouse a Escola Ambiental de Senda Nova- Concello de Carballo. Familias, socios e socias de Senda Nova, representantes do Concello de Carballo e membros da directiva da asociación así como os propios participantes deron conta dun curso enteiro de achegamento ao noso patrimonio natural, sempre dende unha perspectiva ecolóxica e cultura.

Comprobaron, nunha presentación fotográfica de 33 fotografías, como foron as case 39 sesións nas que se dividiu esta 13 edición dun dos proxectos ambientais para a mocidade máis completos de Galicia.

Imagen de WhatsApp 2025-04-16 a las 11.25.36_10f4628c

Entre as actividades desenvoltas atopáronse excursións aos sitios máis importantes da contorna a nivel ambiental, así como os vestixios arqueolóxicos máis salientables.

Cómpre destacar tamén o proxecto transversal encamiñado ao cultivo de horta ecolóxic que se desenvolve no Espazo de Natureza de Oza, o cuartel xeral da entidade. Unha hora que aprivetan as familias para consumo propio e que serviu para vivir a experiencia completa de ir á feira a facer de vendedores, permindo unha sesión de interacción social circular.

Dos case 30 participantes que percorreron esta 13 edición, o 75% tiveron unha participación continuada, o que da ao programa de actividades un apego importante e que permite unha evolución constante da rapazada e da propia Escola nos obxectivos plantexados.

Máis novas

 

Comentarios