Venres. 03.05.2024
El tiempo

As Bibliotecas de Carballo evolucionan do bookcrossing ao book folding

bookcrossing en Carballo Bibliotecas
bookcrossing en Carballo Bibliotecas
As Bibliotecas de Carballo evolucionan do bookcrossing ao book folding

Co gallo de servir aumentando o amor á lectura, dentro e fóra das Bibliotecas, a Concellaría de Bibliotecas de Carballo reabre a zona de intercambio de libros do mercado municipal. Neste punto poderás recoller os exemplares que queiras e liberalos en calquera outro lugar despois de lelos, porque, ao contrario do que sucede nas bibliotecas, nos puntos de bookcrossing non hai que devolver os libros.

Coincidindo co peche da Biblioteca Municipal Rego da Balsa por obras, os libros están na rúa e tamén chegarán nos vindeiros días aos centros educativos, aos que, como xa é costume, faremos chegar unha selección dos últimos títulos editados por autores locais.

E ademais poñen en marcha unha serie de actividades de dinamización na Biblioteca Municipal da rúa San Xoán Bautista. A primeira consistirá nun obradoiro de book folding, que basicamente é unha técnica artística de dobrado de libros que permiten darlles unha nova vida converténdoos en obxectos decorativos ou, agora que se achega o Nadal, nun bo e orixinal agasallo para familiares e amigos.
Elena Caamaño é toda unha experta, e será a monitora do taller que se celebrará o vindeiro sábado 25, a partir das 10.30 horas. A iniciativa vai dirixida a persoas maiores de 14 anos e temos un límite de 20 prazas, polo que as persoas interesadas deben inscribirse o máis axiña posible, a partir do luns 20, na propia biblioteca.

Máis novas

Comentarios