O carballés Marcos Trigo, novo responsable comarcal do BNG de Bergantiños

16:46 11/12/21
Tempo de mudanda no seo do BNG. Xa o vimos polo sur da comarca e este venres tocáballe asemblea ao BNG bergantiñán. Faino, aseguran, tras “un proceso democrático sen comparación na política estatal, e no que é a militancia a que decide dende cada localidade e cada comarca a liña política da organización para os vindeiros anos”.
O escollido como responsable comarcal foi Marcos Trigo Facal, o concelleiro de Deportes de Carballo que recolle o relevo de Xosé Regueira, que ocupou o posto de responsable comarcal no período 1999-2007 e dende o ano 2016 ata agora, e que continúa como membro do Consello Comarcal.
A lista completa é a seguinte:
- Carolina Castiñeiras (A Laracha), vice-responsable comarcal.
- Xoán Sande (A Laracha), responsable de organización.
- Leticia Varela Naya (Malpica), responsable de acción feminista.
- Milagros Lantes (Carballo).
- Daniel Pérez (Carballo).
- Fátima R. Gonzálvez (Ponteceso).
- J. Antonio Andrade (Coristanco).
- Maruxa Suárez (Carballo).
- Xosé Regueira (Carballo).
- Miguel Varela (Malpica).
- Lucía Veciño (Ponteceso).
- Xosé M. Pose (Laxe).
- Inés Rodríguez (Carballo).
- David Cancela (Cabana).
- Benedicto Viña (Carballo).
- Dores Silveira (Carballo).
- Evencio Ferrero (Carballo).