Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os Bonos Sempre Carballo terá unha axuda universal de 30€ e terán que empregarse antes da campaña de Nadal

Bonos Sempre Carballo copia
Os Bonos Sempre Carballo terá unha axuda universal de 30€ e terán que empregarse antes da campaña de Nadal

Máis de 200 empresas xa están adheridas xa á campaña da tarxeta-bono “Sempre Carballo, se ben o Concello abrirá un novo prazo de adhesión para empresas do 1 ao 10 de setembro. En breve tócalle á veciñanza, pois o prazo de solicitude será do 15 de setembro e o 15 de novembro, unha vez se active a web www.semprecarballo.gal.

O programa de reactivación económica que moverá uns 700.000 euros de xeito circular polo termo municipal segue avanzando. Son subvencións directas aos maiores de 18 anos que consta dunha axuda universal de 30 euros, eliminando finalmente a achega complementaria por parte dos/as solicitantes que estaba prevista inicialmente.

O prazo para consumir o crédito das tarxetas rematará o 30 de novembro, para non interferir na campaña de Nadal, como solicitou o comercio local. As tarxetas poderán utilizarse para realizar compras ou pagos nos establecementos adheridos.

Xunta de Goberno Local de onte tamén aprobou un convenio con Abanca para a xestión das tarxetas, que serán nominativas.

Novas relacionadas

Comentarios