Venres. 26.04.2024
El tiempo

Búscase cartel e postal para este nadal

Búscase cartel e postal para este nadal
Con vén sendo habitual nos últimos anos, o concello de Carballo vén de publicar as bases do concurso de cartel e postal para o vindeiro nadal no que poderán participar todos os nenos e nenas do centros educativos do municipio (e do CEIP Canosa Rus) coa única limitación de presentar unha única obra por neno ou nena. O prazo de presentación das obras remata o vindeiro martes - 28 de novembro -  ás 13:30 horas e os traballos deben entregarse nas oficinas da concellería de Cultura situadas no Pazo da Cultura de Carballo (1º andar). Premios O traballo gañador, que será a imaxe que empregará o concello, recibirá un premio en libros e xoguetes por un valor de 175€. O segundo premio serán 100€ en libros e xoguetes e contemplanse 5 accésits de 60€ cada un canxeados en libros e xoguetes. Ademais, o colexio ou entidade do traballo gañador do primeiro premio recibirá tamén un premio de 150€ en material didáctico. Os colexios ou entidades que colaboran coa organización presentando os traballos dun mínimo do 30% do seu alumnado, recibirán un vale para mercar material didáctico e educativo por un importe aproximado de 30€. Novas relacionadas

Comentarios