Luns. 06.05.2024
El tiempo

As cachelas iluminarán o San Xoán de Carballo

Cacherela Rego da Balsa Carballo
A zona de Rego da Balsa estrea cachela da Comisión
As cachelas iluminarán o San Xoán de Carballo

Co completo programa musical repasado, e xa coa París de Noia soando nesta noite de xoves, Carballo xa puxo o traxe de San Xoán. Moita xente xa ten reservada a sardiña para noite no Mercado Municipal, que ademais vén a bo prezo.

Sardinas no Mercado de Carballo

Este ano foron máis de 700 as peticións para facer cachelas ou grelladas (a hostalería poderá facelas ata o día 30) que recibiu a Policía Local. Entre elas a da propia comisión, que estrea cachela popular na zona de Rego da Balsa. O artesán da madeira e o cartón é Maxi Pazos Noya, gran afeccionado ás cachelas e gañador en varias edicións do concurso que organizaba a comisión. Nesta ocasión optouse por unha cachela colaborativa, e o resultado é a recreación do skyline de Carballo que podes ver na imaxe. Pinturas Kromo cedeu os materiais precisos para facela.
A partir das 21:00h estarán xa coa sardiñada e churrascada popular, con racións a 10 euros.
Tamén haberá actuación co espectáculo “Meigas fóra: prende os teus desexos”, gracias á colaboración de Muebles Luís, Indugal e Son Press. A programación continuará á medianoite co conxuro da queimada, a cargo da actriz Isabel Risco, e durante toda a noite, de 21.00 a 03.00 horas, soará a música coa Disco Impacto e os dj’s carballeses Dani Varela, Sara Pose e Ramita.

Novas relacionadas

Comentarios