Luns. 06.05.2024
El tiempo

O almanaque 2024 de Carballo en clave de emocións

Calendario Carballo 2024-Fotos-Marcos Rodriguez portada
Portada do almanaque carballés coas fotos de Marcos Rodríguez
O almanaque 2024 de Carballo en clave de emocións

Maternidade en solitario, parellas homosexuais, avoas, familia, amizade, amor, coidados... o almanaque 2024 de Carballo está cheo de emoción.

Así o presentaron esta fin de semana na Bibioteca Rego da Balsa, da man da concelleira de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret; o alcalde, Evencio Ferrero, e o fotógrafo carballés Marcos Rodríguez, autor das imaxes que ilustran o almanaque do 2024. Marcos amosouse moi orgulloso do traballo, “porque eu son de Carballo, é o meu pobo e alá onde vou lévoo no sangue, por iso me fai especial ilusión”, dixo.

Presentacion en Carballo calendario 2024
Imaxe da presentación

“Os pobos fórmanos as persoas, e en recoñecemento a toda a xente de Carballo faise esta síntese dos distintos apegos e dos distintos afectos que pode haber nunha sociedade. E neste calendario podes ver mes a mes como aparecen persoas que sodes o presente e o futuro de Carballo”, comentou o alcalde, que, ao igual que a concelleira, expresaron a súa admiración polo traballo e Marcos Rodríguez e agradeceron a colaboración de tantos veciños e veciñas, “que sodes os auténticos protagonistas”.

Comentarios