Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A campaña de apoio ao comercio local de Carballo vai en clave de chocolate

o nadal mais doce carballo
A campaña de apoio ao comercio local de Carballo vai en clave de chocolate

A campaña da Concellaría de Promoción Económica para incentivar as compras no comercio local chega en clave doce. A partir deste xoves 21, ao comprar un importe superior a 25€ en algún dos 87 comercios participantes na campaña "O Nadal máis doce", permitirá obter un boleto que poderás trocar nas casiñas do poboado de Nadal situado no xardín municipal por chocolate ou
galletas elaborados en Carballo de xeito artesanal, ata fin de existencias.

En total repartirán máis de 5.000 agasallos! Os boletos poderán trocarse os días 22, 23, 24, 29, 30 e 31 de decembro e 4 e 5 de xaneiro en horario de 12.00 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 (os días de Noiteboa e Fin de Ano as casiñas só estarán abertas pola mañá). E ademais participarás no sorteo de 20 vales por importe de 150 euros cos que poderás mercar no comercio local a partir do 31 de marzo.

A campaña deste ano está, de feito, estreitamente ligada ás feiras, porque de aquí a Reis haberá tres mercados, unha feira e un feirón. E para contribuír aínda máis á súa dinamización e animación, os domingos 24 e 31 teremos animación de rúa coa Charanga Bicoia, que percorrerá as zonas comerciais desde as 12.30 ata as 14.30 horas.

Comentarios