Sábado. 19.09.2020
El tiempo

A Canceira de Carballo anima a adoptar

Cans en adopción na Canceira de Carballo
Cans en adopción na Canceira de Carballo
A Canceira de Carballo anima a adoptar

Xa pasou o peor da crise. O desconfinamento trouxo un aumento no abandono de animais, precedido da adopción ou compra irreponsable para poder saír da casa durante a corentena. Pero todo vai volvendo ao seu lugar, e os canciños necesitan un fogar.

Así o valora a Canceira de Carballo, que quere reactivar as adopcións, contándonos que xa foron 3 os cans (Bobbi, Brais e Tessi) que atoparon un novo fogar dende o levantamento do estado de alarma.

A web da canceira recolle os cans en adopción, que a día de hoxe son Rocky, Fito, Tofee, Jack, Tucha, Hook, Black e Lúa.

A web tamén recolle os cas 250 animais que foron adoptados dende que funciona o servizo,. Cada ano rexístrase unha media de 34 adopcións de animais. A maioría son cans, pero tamén hai algún gato. O 25% dos animais que chegan á Canceira Municipal son animais perdidos, que acaban sendo reclamados polos seus propietarios e regresan aos seus fogares, pero a gran maioría son cans e gatos abandonados.

Nese sentido é preciso facer un chamamento á responsabilidade dos/as propietarios/as, ademais de lembrarlles que o abandono de animais de compañía está considerado coma unha falta grave na Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía en Galicia, e pode supoñer sancións de 501 a 5.000 euros.

Tamén é unha falta grave non ter identificados aos cans. Porén, só un 16% dos que recollemos da vía pública contan con chip.

Como adoptar

A Canceira Municipal está situada xunto ao Punto Limpo, no polígono industrial de Bértoa. Está aberta os xoves e sábados de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
Os trámites de adopción, que inclúen xestión administrativa, vacinación e desparasitación, colocación de microchip e inscrición no Rexistro Galego de Identificacion de Animais de Compañía (Regiac) custan só 50 euros.

Novas relacionadas

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN DE ARGOS E SALVACADELOS

comentarios