xoves. 14.11.2024
El tiempo

Carballo abre o servizo de atención individualizada ás persoas afectadas polo Plan Especial Pedra do Sal

Avanzan as obras do Cemiterio Municipal
atencion_publico_pedra_do_sal 27102021
¡
Carballo abre o servizo de atención individualizada ás persoas afectadas polo Plan Especial Pedra do Sal

Tras a publicación do anuncio de información pública do Plan especial de ordenación do núcleo de Pedra do Sal e de protección da súa contorna no Diario Oficial de Galicia (DOG) do día 22, esta semana comezou o prazo legal de dous meses para que as persoas interesadas poidan examinar o expediente e, de ser o caso, presentar as alegacións que estimen oportunas. De xeito paralelo, o Concello de Carballo pon a disposición dos/as titulares catastrais dos terreos afectados un servizo de atención ao público individualizado.

O equipo redactor comezou este martes coas citas, que deben solicitarse previamente no número de teléfono 981704705. O servizo estará dispoñible durante o período de información pública todos os martes, de 17.00 a 20.00 horas, e os mércores, de 09.30 a 13.30 horas, no Fórum Carballo.

Obras no cemiterio

visita_cemiterio_obras (1)

Avanzan as obras de ampliación do cemiterio de Carballo, que preve a construción de 456 panteóns con 1.824 nichos e de 256 columbarios distribuídos en 64 columnas. Ademais realizase o pintado dos panteóns para seguir dignificando o espazo.

Ademais, alcalde e concelleiro posta a punto do camposanto de cara á inminente celebración de Defuntos, que concentra a maior afluencia de visitantes do ano.

Comentarios