Venres. 20.09.2024
El tiempo

Carballo abre un curso personalizado para 15 comerciantes

Carballo abre un curso personalizado para 15 comerciantes
Comercio de Carbarllo O concello de Carballo, a través da Concellaría de Promoción Económica, pon en marcha un curso personalizado para quince comerciartes do municipio onde se ofrecerá formación axustada ás necesidades específicas de cada negocio. Con esa intención, o docente realizará no propio punto de venta as sesións para tratar os distintos temas. A actividade formativa, que se desenvolverá entre os meses de marzo e abril, inclúe un estudo da contorna, da competencia, os clientes, o negocio e o seu funcionamento. A partir de aí elaborarase unha estratexia global en función das necesidades do/da comerciante, definindo pautas a seguir e a súa posta en marcha. Tamén se realizará unha análise da evolución e dos resultados acadados, axustando as pautas aos obxectivos. Contidos do curso Con respecto ao establecemento dende o punto de vista da imaxe, o curso inclúe unha análise da colocación do produto e a súa axeitada implantación e rotación, definindo zonas frías e quentes. A montaxe de escaparate e a súa utilización como ferramenta de venta, e a planificación de diferentes campañas de escaparates e promoción anual tamén forman parte do contido. Outro bloque do curso abrangue o estudo das debilidades, fortalezas e oportunidades de mercado do negocio analizado, o perfil de clientes, estratexias de fidelización, diferenciación da competencia e atención ao cliente e estratexia de ventas. Fonte

Comentarios