Mércores. 29.01.2020
El tiempo

Carballo acolle a segunda edición do Concurso de Solistas para o alumnado do Conservatorio Profesional de Música

  • O prazo de inscrición estará aberto do 11 ao 28 deste mes
Cartel da segunda edición do Concurso de Solistas.
Cartel da segunda edición do Concurso de Solistas.
Carballo acolle a segunda edición do Concurso de Solistas para o alumnado do Conservatorio Profesional de Música

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo convocou por segundo ano consecutivo un Concurso de Solistas para ofrecer ao alumnado a posibilidade de interpretar unha obra de concerto como solista no Auditorio do Pazo da Cultura. O certame vai dirixido a estudantes tanto do grao elemental como do profesional, que, previa autorización do titor, deberán formalizar a inscrición entre os días 11 e 28 deste mes de xaneiro. Quedan excluídos os gañadores da edición anterior.

O Concurso de Solistas constará de dúas fases: na primeira, que se celebrará na aula, cada titor fará unha selección interna do alumnado. Na segunda, os alumnos e as alumnas seleccionados concorrerán a unha proba que se celebrará o 25 de marzo no auditorio do Pazo da Cultura e na que terán que interpretar unha obra con ou sen acompañamento de piano. Concederanse tres premios en grao elemental e outros tres en grao profesional. Os gañadores do primeiro premio recibirán un cheque-regalo e diploma, e actuarán como solistas, acompañados pola banda ou a orquestra do CMUS, o curso que vén. Pódense consultar todas as bases no seguinte enlace.

Comentarios