Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carballo acolle unha charla informativa sobre a lei de prevención e defensa contra os incendios forestais

Carballo acolle unha charla informativa sobre a lei de prevención e defensa contra os incendios forestais
A falta de información foi unha das principais conclusións á que se chegou a pasada semana durante a charla informativa organizada polo concello de Vimianzo sobre a nova lei de prevención e defensa contra os incendios forestais. E precisamente co afán de achegar á poboación toda a información relativa ao cumprimento desta nova, o concello de Carballo, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza unha charla que terá lugar  para o vindeiro luns 23, a partir das 20:00 horas, no auditorio do Fórum Carballo que impartirá Manuel Capón Domínguez, xefe do Distrito Forestal II Bergantiños- Mariñas Coruñesas. O acto está aberto a toda a cidadanía. O obxectivo é explicar o contido da lei e de que maneira afecta aos veciños e veciñas do noso concello, que está incluído dentro da zona de alto risco de incendios. A defensa e protección contra os lumes forestais debe ser un asunto prioritario para todas e todos para así poder plantarlle cara ao lume e poñer fin a unha praga que cada ano arrasa milleiros de hectáreas e que mesmo ten provocado a perda de vidas humanas en Galicia. Desde a concellería de Obras e Servizos faise un chamamento á veciñanza de todo o concello para que acuda a charla e obteña así información de primeira man. Novas relacionadas Fonte

Comentarios