mércores. 04.12.2024
El tiempo

Carballo acolleu a inauguración da CiberLiga escolar da Garda Civil

Maria Rivas na presentacion da Ciberliga da Garda Civil
Maria Rivas na presentación da Ciberliga da Garda Civil no IES Alfredo Brañas
Carballo acolleu a inauguración da CiberLiga escolar da Garda Civil

O auditorio do IES Alfredo Brañas de Carballo acollía esta mañá a inauguración da VI edición da Ciberliga da Garda Civil. Unha liga escolar formulada para o alumnado de 4º ESO de toda Galicia, que ten como obxectivo principal o de concienciar ao alumnado máis novo sobre o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías

Presentacion da Ciberliga da Garda Civil
No acto estiveron presentes o xefe xeral da Zona Galicia Miguel González Arias, a subdelegada do Goberno na Coruña María Rivas, o alcalde de Carballo Evencio Ferreiro, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa Judith Fernández e a Directora do IES Alfredo Brañas, Mónica Mariño.

Para iso, a Benemérita artella un concurso, no que os participantes terán que enfrontarse a unha serie de retos cibernéticos que simulan situacións reais coas que se poden atopar ao navegar por Internet. Para resolver o reto, os participantes deben empregar todas as súas habilidades, traballando en equipo e poñendo en práctica as leccións recibidas, especialmente na acción formativa que se desenvolve con anterioridade á competición.

Poden participar os 51 centros de ensino de secundaria de Galicia, e as tres mellores puntuacións participarán na fase final do concurso que se celebrará, do 10 ao 14 de marzo de 2025, na Academia de Oficiais da Garda Civil, situada na localidade de Aranjuez (Madrid).

Polo de pronto, os centros poden inscribir o número de equipos de 4 estudantes antes do 22 de novembro a través da web ­www.ligagc.com.

Ciberseguridade

Durante a súa intervención, a subdelegada do goberno María Rivas sinalou que “a ciberseguridade constrúese e debe mellorarse día a día”, sente este o único xeito de enfrontar as novas ameazas que van xurdindo. “Os hackers cada vez actúan cun maior nivel de sofisticación, e necesitamos protexer a información e os sistemas. Isto lévanos á necesidade de implementar medidas de seguridade cada día máis robustas e para conseguilo é fundamental a formación e a incorporación de talento”.

Máis novas

Comentarios