Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo amplía a sua rede de composteiros domésticos

Carballo amplía a sua rede de composteiros domésticos
programa-compostaxe-domestica-carballo Na nova fase do programa de compostaxe caseira, o Concello busca 25 novas familias que se queiran sumar á iniciativa Entra en marcha a 5ª fase do programa de compostaxe caseira promovido polo concello de Carballo sumando 25 novos composteiros aos 150 existentes na zona rural. As persoas que queiran colaborar na consecución dun Carballo máis sostible só teñen que presentar a súa solicitude no concello de Carballo, onde se lles facilitará o impreso correspondente. Tanto o composteiro coma a formación para o seu uso serán de balde grazas á colaboración de Sogama. Como en iniciativas anteriores, as vivendas que queden fóra desta fase pasarán a unha lista de agarda para posteriores accións. O programa chegará tamén ao casco urbano grazas a un programa específico no que poderán participar inicialmente un total de 2.000 familias, e que suporá a continuación do proxecto piloto Ti tes a chave, que se levou a cabo no barrio da Milagrosa. Con cargo ao Plan Único Adicional, o concello de Carballo xa ten prevista e aprobada a adquisición dos primeiros 151 contedores de cor marrón que se colocarán nas distintas zonas do casco urbano a disposición das persoas interesadas. Sogama colaborará na formación do voluntariado e nas futuras ampliacións da rede de recollida. “Temos a intención de facer esa implantación progresiva para poder garantir a calidade da materia orgánica e que, como se conseguiu na Milagrosa, os impropios sexan os menos posibles”, indicou o alcalde, Evencio Ferrero. Xunto a este programa está en marcha tamén unha experiencia piloto de vermicompostaxe na que están a participar 22 familias. Novas relacionadas Fonte

Comentarios