O Interrogatorio de Leis con... Felipe Vilela
O marabilloso momento deportivo que está a vivir o Muxía C.F. é de dominio público. Os seus dous equipos sénior, o feminino e o masculino, foron acumulando ascensos, títulos de copa e de liga un tras outro, con dous planteis con moit@s xogador@s locais. Hai un ambiente fantástico no seu campo en cada partido, enclavado na espectacular contorna de Arliña.
Pero non hai moito, ese mesmo campo estaba en silencio, só roto polo romper das ondas. A asistencia aos partidos era baixa e había dificultades para saír adiante, como ocorre en case todos os clubs do noso fútbol costeiro. Pero houbo un nome e un momento clave: o nome? O do noso protagonista de hoxe, Felipe Vilela; o momento? Cando, con 22 anos, tomou as rendas do equipo do seu pobo. Descubramos máis sobre todo isto.
1. Como comezou a relación entre Felipe Vilela e o Muxía?
Pois empezou de ben cativo, meus irmáns estaban na directiva do club e eu ía ver os partidos con eles, con 8 ou 9 anos xa ía polos campos da Costa, ver o Muxía contra o Seavia en Coristanco ou o San Xirol en Mazaricos.
2. Que cargos desempeñaches no club ata o de agora?
Pois empecei no club na categoría cadete xogando eses dous anos, despois dei o salto aos xuvenís e xa no ultimo ano de xuvenil o cumplir os 18 anos xa ía de delegado co senior cando non ia convocado con eles. Na temporada 12/13 xa empecei de delegado e de vocal na directiva, e foi no temporada 15/16, cando non parecía que ía haber directiva, decidín coller a presidencia, de delegado xa van 14 temporadas.
3. Que tipo de xogador eras?
Metíanme dianteiro para que non estorbara moito, tiña bo golpeo de balón, pero polo demais era maliño, por iso decidín axudar desde fóra do campo mellor.
4. Entón non é certo que Manu Nogueira aprendeu véndote na Arliña?
Por sorte non! Jajaja de Manu aprendín eu moito cando ía velo a Abegondo e agora por sorte témolo no noso equipo. Xogadores e persoas coma el quedan poucas.
5. Ademais de todas estas funcións no club da túa vida, case te convertes en árbitro. Que pasou?
Pois é un mundo que sempre me gustou e no 2017 no primeiro curso da Subdelegacion animeime, saquei o curso cun gran profesor como Bruno e arbitrei un par de torneos, un deles a Vidú Cup de asistente e o segundo o torneo de Cabana. Pero por ser delegado naquel partido entre Corcubión e Muxía de fase de ascenso que é mellor non recordar, o delegado arbitral de Coruña non me deixou arbitrar máis. Naquel partido fun expulsado cun partido de sanción por protestar.
6. O delegado da Coruña era Javier Mella, asistente nese famoso partido, a quen eu coñezo, igual que te coñezo a ti, obviamente. Estou completamente seguro de que se vos coñecérades un pouco máis hoxe serías árbitro, xa que tedes moitas cousas en común. Podemos dicir que a arbitraxe perdeu un gran árbitro, pero o Muxía gañou moitas cousas?
Seguramente si chegara a falar con el en persoa terminaríamos arreglando pero non se deu a ocasión e eu seguín ca miña función no club, non sei si a costa perdeu un gran arbitro pero seguro que o faría con moita ilusión e ganas.
7. Bueno, vexo que aínda non respondiches completamente a pregunta, así que me tomarei a liberdade de facelo eu mesmo: o Muxía gañou unha gran persoa que sente o club como ninguén máis.
Ese amor polo teu club levouche a dar un paso adiante para asumir a presidencia cando ninguén máis quería facelo. Como foi ese momento?
Pois era xuño do 2015 e a directiva presidida por Hucho dimitiu, e tras varias reunións non había quen collera ao club, e foi o 4 de xullo cando decidín dar o paso con pouca ou ningunha experiencia, pero había que facelo para que Muxía non quedara sen fútbol.
8. Cal era a situación do club nese momento?
Pois era un club saneado economicamente eso e verdade, pero foi xusto despois dese desagradable partido ante o Corcubión e non foi fácil traer entrenador nin xogadores. Estábamos en 3ª Rexional e ao principio costou un pouco pero pasaron as semanas e todo volveu á normalidade, ese ano perdemos a penaltis na final da fase de ascenso a Liga da Costa en Corcubión tamén. Tiñamos categoria senior, xuvenil, cadete, infantil.
9. Cantas tempadas estivestes de presidente?
Estiven só unha, no ano que fun eu presidente foi o triste falecemento de Abdoulaye no vestiario de Arliña e ai foi cando decidín que non quería seguir sendo presidente, axudaría no que fora pero non quería seguir na presidencia e foi cando Álvaro colleu a presidencia.
10. Un momento difícil que tivestes que afrontar, como se supera iso?
Pois do máis duro que vivín na miña vida, ter que consolar a nenos de 15 anos cando non hai consolación posible, intentar que os nenos me viran ben (eu con 22 anos) para que eles estiveran o mellor posible, e sobre todo avisar aos pais que viñeran ao campo que algo non ía ben...
Como se supera iso? Pois eu creo que non se supera, aprendes a vivir con iso, e cada día que entro no vestuario da Arliña acórdome de Abdu e coma min todos os que convivimos con el.
11. En cada gala lembramos a Abdu, pero tamén a todos vós que pasastes por iso e seguiremos facéndoo.
Despois da túa presidencia, chegou Álvaro Rodríguez e ti con el na directiva. Todos vemos a Álvaro como un home alegre e dinámico, pero como era o día a día con el no club?
Pois Álvaro é así, tal cual o coñeces. Sempre cun sorrisa e axudando en todo que poda. Traballar con el foi moi fácil, o seu primeiro ano como presidente foi cando ascendemos á Liga da Costa e empezamos a formar a base do equipazo que temos hoxe en dia.
12. Despois de "mamar" o club dende a infancia, como afeccionado, xogador, presidente, directivo ou delegado, non se me ocorre ninguén mellor para analizar os factores clave en todo o proceso para chegar ao momento actual que está a vivir o club, danos o teu análisis.
Muxía siempre tivo bos xogadores pero estaban sempre repartidos por varios equipos da Costa, quixemos traelos para o equipo do seu pobo como o caso de Adrián e Victor Alcaina, Mauro, o capi que estaba en Preferente xogando no Soneira, Manu Nogueira tamén estaba na Preferente co Dumbría, Isma Pose no Soneira... e cando xuntas xente dese nivel futbolístico e humano aínda por encima no equipo do seu pobo os resultados vanse dar. Competimos moi ben todos os anos que estivemos en 2ª, creo e o peor resultado foi un 5º posto e con casi todo xente da casa. Pasan os anos van collendo nivel e experiencia e ao final ascendemos meritoriamente a 1ª.
O primeiro ano en 1ª fixemos unha primeira volta increíble e a segunda custounos moitisimo, tanto que casi nos costa o descenso, e xa no segundo ano asentámonos moi ben na categoría e os resultados están aí. Si xuntamos xente que lle gusta entrenar, e un entrenador que lle gusta entrenar os resultados van saír.
13. O plantel é sen dúbida clave, pero tamén o é a súa xestión. Nos teus 14 anos de experiencia como delegado, presenciaches todo isto desde dentro. Varios adestradores foron e viñeron ao longo deste proceso ata chegar a Sergio Pataca, tamén da casa. Que destacarías de cada un deles?
É moi dificil xa que pasaron moitos, tivemos adestradores como Sieso, Manín e Papi que aportaban moita experiencia ao equipo e moita competitividade, Diego Lobelos e a súa forma de ler e entender o xogo, con Nando chegou o ascenso, Sergio Pataca e a súa xestión do grupo e a sua gana de traballar e mellorar é espectacular.
14. Por se o que están a facer os rapaces non fose suficiente, o equipo feminino uniuse hai non moitas tempadas, e todo un logro: ascensos, finais de copa e un título de liga, xerando un sentimento de pertenza aínda máis profundo. Como o vives desde dentro?
O equipo feminino naceu fai 3 tempadas e moitas delas nunca xogaran ao fútbol e velas crecer tanto é un orgullo. Temos a sorte tamén de contar con xente con moita experiencia no fútbol como e Patri Romaní, Barca Toba, Eva Lema e disfrutamos moito véndooas xogar e aquí. Foi unha moi boa temporada pero coñecéndoas, sei que quedaron cun sabor agridoce por non poder colarse outra vez na final de Copa, pero estou seguro que si siguen asi van conseguir a Copa da Costa.
15. Mencionas a Copa da Costa, vénme inmediatamente á cabeza un nome: Michael Vilela...
Michael Vilela é a persona que mais merecia a Copa da Costa. Estivo en 3 finais (unha co Soneira e dúas co Muxia) nas dúas primeiras non puido xogar por lesión e pediu as dúas a penaltis e nesta última todo pintaba que non podía xogar porque temos que recordar que ten o menisco roto, pero el fixo todo o posible por xogar uns minutos na final, aparte de ser un gran capitán, un gran lider no vestuario, é un gran amigo, e non teño dudas que será un gran entrenador porque xa empeza a facelo moi ben nos cadetes.
16. Tamén formas parte activa da vida política da túa vila, que ultimamente foi bastante convulsa. Esa unidade que transmite o club de fútbol xa podería estenderse á clase política do concello, non si?
O que debe levarse a politica son os valores, a ética e sobretodo ser coherente co que se di e se fai.
17. É a época fichaxes e de renovacións e as eleccións municipais están a piques de chegar. Renovarás en ambos sitios?
Si claro, no club xa renovei e na politica pois Iago Toba transmitiume que quería que puidese seguir no seu equipo cercano de traballo, e si el e o partido queren eu seguirei co proxecto que iniciamos en Muxía fai uns anos co apoio maioritario dos veciños e veciñas.
18. Para que chegase este momento marabilloso que está a vivir o club, houbo que pasar por momentos moi malos. Para desfrutar do ambiente fantástico que hoxe existe tanto no equipo feminino como no masculino en cada partido na Arliña, pasouse por un silencio só roto polo son do vento e do mar. Agora é fácil subirse a ola, pero quen nunca se baixou dela, quen con 22 anos deu o paso de asumir unha presidencia para evitar que o club do seu corazón morrese? Fostes ti. Que te levas de toda esta viaxe e que lle pides o queda por vir?
Lévome a cantidade de xente que coñecín gracias ao futbol, e lévome moita aprendizaxe, e todo que queda por aprender, e pido que entre todos coidemos do Fútbol da Costa que é o mellor futbol afeccionado de Galicia.
P.D.1 4 anos como Delegado, sen gañar un Ubaldo de Ouro; cando critican a votación, algo de razón...
Estiven nominado un ano no 2017 con dous trasatlánticos como son Suso da Torriña e Manolo de Dumbría. Algún ano tocarame a min supoño pero prefiero gañar outra Copa da costa sin desmerecer os Ubaldo de ouro como lle chamas ti 😂
Penaltis
-
Un futbolista: Michael Vilela.
-
Un entrenador: Sergio Pataca.
-
Un Político: Iago Toba.
-
Un lugar: A Barca.
-
Un Club: Muxia.

O Interrogatorio de Leis
- O Interrogatorio de Leis con... Alberto Pose
- O Interrogatorio de Leis con… Gini Vidal
- O Interrogatorio de Leis con… Alvaro Rodríguez Caamaño da Lonxa d'Álvaro.
- O Interrogatorio de Leis con… Julio Vila Torres.
- O Interrogatorio de Leis con… Juan Cabrejo.
- O Interrogatorio de Leis con... Manuel Varela.
- O Interrogatorio de Leis con... Pablo Vigo.
- O Interrogatorio de Leis con... Miguel Chouza.
- O Interrogatorio de Leis con… Borja Facal.
- O Interrogatorio de Leis con… Trucho.
- O Interrogatorio de Leis con… Josiño Mira.
- O Interrogatorio de Leis con… Serguei.
- O Interrogatorio de Leis con… Dora.
- O Interrogatorio de Leis con… Vítor Recarei.
- O interrogatorio de Leis con Silvia Cancela.