Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Carballo aproba o PXOM tras once anos de tramitación

Carballo aproba o PXOM tras once anos de tramitación
Pleno extraordinario no que se aprobou o PXOM de Carballo Pleno extraordinario no que se aprobou o PXOM de Carballo Despois de once anos de tramitación, o pasado mércores,18 de novembro, aprobouse o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Carballo durante o pleno extraordinario. É a segunda ocasión na que este documento recibe o visto e prace do pleno, xa que en febreiro deste ano, naquel entón por unanimidade, o planeamento xa fora ratificado polos corporativos. Non obstante, unha Orde emitida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o pasado 2 de xullo marcou unhas directrices para realizar varias modificacións técnicas no documento que, despois do traballo de varios meses, foron incluídas no PXOM. Pasadas as 21.40 horas e despois de máis dunha hora de debate o plan recibiu de novo o visto e prace da corporación, mais desta volta -e despois dos cambios na composición do pleno marcados polos comicios municipais- cos votos a favor dos 17 concelleiros de BNG, PP e PSOE e 3 votos en contra de TEGA. Entre o público, arredor de 25 persoas, entre as que estaban o ex voceiro do PP, Alberto Sueiro Pastoriza, e o ex concelleiro do mesmo partido, Juan Carlos Castro, para quen o alcalde, Evencio Ferrero, tivo verbas de agradecemento polo seu traballo, ao igual que para o ex voceiro de TEGA, Manuel Andrade, para o ex voceiro do PSOE, José Antonio Viña e para a concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Milagros Lantes. Tamén lembrou o labor do equipo redactor, dos traballadores da Oficina Técnica Municipal e da Xunta de Galicia, que contribuíron activamente, a Xunta especialmente nos últimos meses, para acadar a aprobación dun documento "moi necesario para o urbanismo carballés". Un documento vivo e revisable Na súa breve presentacion do documento, Milagros Lantes subliñou que o plan é un "documento dinámico, vivo e revisable", unha "ferramenta de xestión que permite evitar a improvisación" e que facilitará a planificación do Carballo do futuro. D Despois de once anos de tramitación, miles de horas de traballo, a xestión de tres concelleiros na área de Urbanismo -Manuel Andrade, de TEGA; José Antonio Viña, do PSOE; e Milagros Lantes, do BNG-, do estudo de preto de dúas mil alegacións revisadas en 32 comisións de Urbanismo e dun total de 47 xuntanzas de representantes de todos os grupos políticos da corporación, agora o PXOM será remitido de novo á Xunta, xa que a Secretaría Xeral de Urbanismo conta agora con tres meses de prazo para ditaminar a súa aprobación definitiva. É de esperar, dado o traballo conxunto entre o Concello e a Xunta realizado nos últimos meses, que nesta ocasión o plan reciba un veredicto favorable, nomeadamente despois do consenso rexistrado nas últimas semanas entre ambas administracións. Novas relacionadas Fonte

Comentarios