Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carballo vólcase co deporte: Da Carreira Nocturna ao Challenge Junior

Presentacion dos Challenge Junior de Carballo
Presentación do Challenge Junior de Carballo
Carballo vólcase co deporte: Da Carreira Nocturna ao Challenge Junior

Carreira nocturna DE_2_EN_2

Este sábado 30 de marzo, Carballo calza as zapatillas e os chalecos fosforescentes. A V Carreira nocturna Popular por parellas "De dous en dous”, organizada polo Club Atletismo Carballo -en colaboración co Concello de Carballo, Carballo Deporte, Policía Local, Protección Civil, Club Ciclista Carballo e a AD Media Ducia- chega con carácter inclusivo -poden participar deportistas con diversidade funcional- e solidario, a favor de Cruz Vermella, Cáritas e a ONG Miradas al mundo.

Máis de medio millar de atletas participarán en todas as categorías.

Challenge Junior

En tamén en clave deportiva, o Club Ciclista Carballo prepara o II Challenge Junior, unha proba que se desenvolverá os días 6 e 7 de abril e que ten como novidade unha maior participación feminina.

A proba reunirá 81 promesas do ciclismo galego, pero tamén a deportistas de Asturias, Cantabria, Castela-León, Castela-A Mancha e Portugal.

A primeira etapa, Razo-Monte Neme, sairá o sábado ás 11.00 horas. Ese mesmo día pola tarde, ás 16.30, arrancará Razo-Razo, que incrementa o seu percorrido en seis quilómetros, ata os 66, con respecto ao ano pasado, e incorpora treitos de maior dureza. A terceira proba será o domingo, co percorrido habitual de 89,5 quilómetros polos concellos de Coristanco e Carballo, e que terá a meta situada na rúa Martín Herrera, xunto ao Museo de Bergantiños.

Comentarios