sábado. 02.05.2026
El tiempo

Marcos Rodríguez obtén a insignia dourada internacional en Fotografía artística

MARCOS RODRIGUEZ FINEART APPIMAGEM
Marcos Rodríguez obtén a insignia dourada internacional en Fotografía artística

Poucos galardóns lle quedan por colleitar. O fotógrafo galego Marcos Rodríguez recibiu onte a insignia dourada como Fotógrafo Especialista
en fotografía artística (fine art) durante a gala anual organizada pola APPImagem, celebrada no Hotel Axis Vermar Conference de Póvoa de Varzim (Portugal).

Nese mesmo encontro, o seu traballo foi recoñecido tamén co certificado á obra internacional máis valorada nesta categoría, dentro dun contexto que reuniu a profesionais de distintos países e no que o nivel das obras presentadas volveu marcar o ton da convocatoria.

A fotografía artística —ou fine art— sitúase nun espazo onde a imaxe non responde tanto a unha función documental como a unha intención persoal, na que a linguaxe visual e a mirada do autor é o eixo do traballo.
Estes recoñecementos súmanse aos obtidos anteriormente polo propio Rodríguez dentro da APPImagem, onde xa fora distinguido como Fotógrafo Distinguido Internacional e Mestre Fotógrafo Internacional, nun percorrido que mantén unha liña coherente entre o Documental e o máis persoal.

Máis novas de Marcos Rodríguez

Comentarios