Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Carballo celebra, repartindo postais, o Día do Pan

Posta Carballo Dia do Pan
"Codia VS Miolo" Por Cris Alborja (@crisalborjart)
Carballo celebra, repartindo postais, o Día do Pan

Un ano máis, continúa Carballo promocionando o seu pan como un dos produtos gastronómicos máis simbólicos. Un produto vinculado á historia, como conta o historiador Xan Fraga no libro "Crónicas de Carballo I". Se ben en 1571 os 8 veciños da parroquia de San Xoán Bautista vivía do pan, a día de hoxe son unha vintena de familias e un muíño os que viven. Pero ademais, o pan é todo un símbolo da cidade, e xera moitas sinerxias nos sectores da alimentación e a hostalería.

Así, e coincidindo coa celebración do Día Mundial do Pan, a partir deste luns 16 de outubro, as panadarías tradicionais comezarán a repartir material promocional coma as bolsas de tea e os adhesivos coa imaxe do simpático molete que protagoniza a campaña, que tan boa acollida tiveron o ano pasado. En total distribuiranse outras 500 bolsas e 20.000 adhesivos, e ademais atoparás aos panadeiros e panadeiras ataviados cuns mandís especialmente deseñados para a ocasión.

Pero ademais, a partir do martes, atoparás na Biblioteca Rego da Balsa e no Museo de Bergantiños as postais gañadoras do concurso que realizamos nas redes sociais para celebrar o Día Mundial do Pan vinculado á conmemoración do Ano do Xestal, de xeito que contamos con propostas moi diversas. O xurado, integrado pola artista plástica carballesa Rakele Cavallo; o deseñador gráfico Óscar Vázquez, autor da imaxe do Ano do Xestal, e o profesor, músico e polifacético artista Xurxo Souto, escolleu os deseños que podes ver máis abaixo, asinados por Juan Félix Gende, Óscar García, Cris Alborja e Lidia Loureiro. En total, 2.500 postais, que poderás recoller de balde ata fin de existencias.

Postal Carballo Dia do Pan O Xestal
"No lar da felicidade". Por Óscar García Pombo (@arrieiro_random_istories)

    
"O obxectivo de todas estas accións que vimos desenvolvendo ao longo do ano non é outro que fortalecer a marca Panadarías de Carballo, incrementar a proxección do noso pan fóra do municipio e da comarca coma un recurso gastronómico con grandes posibilidades turísticas e revalorizalo a nivel local con iniciativas que impliquen a outros sectores económicos, coma a hostalería. En definitiva, aportarlle un valor engadido", explican dende o Concello.

Entrega de Premiso Certame de Postais Mais de Carballo que o pan
Entrega de Premios do certame

Comentarios