Domingo. 13.10.2024
El tiempo

As panadarías de Carballo celebraron o Día do Pan dándolle valor engadido

Carballo dia_do_pan 2022
As panadarías de Carballo celebraron o Día do Pan dándolle valor engadido
A campaña “Máis de Carballo que o pan” segue intentando dinamizar un sector tan importante para Bergantiños como é o pan. Son unha vintena de panaderías e un muíño as que convirten a Carballo nunha das grandes vilas panadeiras, seguindo o fío da súa propia historia, dende Outón de Rus ata Razo, pasando por Sofán, Ardaña, Bértoa, Carballo e, por suposto, A Brea, o barrio panadeiro por excelencia.

O Día Mundial do Pan celébrase cada 16 de outubro, e este ano non quixeron parar, e se achegaron ao Mercado Municipal para dar a coñecer unha nova parte da campaña, que inclúe un concurso en redes sociais (podes mirar no instagram) e a distribución entre a clientela das panadarías de material promocional (bolsas de pan e adhesivos) coa imaxe de Máis de Carballo que o pan, un simpático molete.

”Panadarías de Carballo”

Na propia presentación, de feito, xa se presentaron por parte dalgúns dos asistentes algunhas ideas para seguir promocionando o pan de Carballo, pero o primeiro paso está dado coa amplísima participación. Nun momento de expansión das empresas vinculadas ao sector parece axeitado poñer en marcha unha serie de accións que contribúan a fortalecer a marca Panadarías de Carballo, incrementar a proxección do noso pan fóra do municipio e da comarca coma un recurso gastronómico con grandes posibilidades turísticas e revalorizalo a nivel local con iniciativas que impliquen a outros sectores económicos, coma a hostalería.

Novas relacionadas

Comentarios