Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo esixe, por 5º ano, a mellora da estrada autonómica por Goiáns e Cances

Estrada AC 414 por Xoane
Estado da estrada AC 414 ao seu paso por Xoane
Carballo esixe, por 5º ano, a mellora da estrada autonómica por Goiáns e Cances

Mentres espera polo comezo das obras da Circunvalación, adxudicadas hai xa 9 meses, o Concello de Carballo amosa a súa preocupación polo estado doutra estrada autonómica. A AC-414, que descorre paralela á estrada de Carballo a Buño (a AC-418), amosa un estado moi precario ao seu paso polas parroquias de Goiáns e Cances.

É o 5º ano que o alcalde de Carballo, Evencio Ferrer, remite á Consellería de Infraestruturas unha solicitude de arranxo da estrada, enviando algunha das veces anteriores ata 200 sinatiras dos veciños.

O mal estado e a perigosidade da vía autonómica é unha das principais preocupacións da veciñanza de Goiáns, tal como teñen reiterado en sucesivos consellos parroquiais.
Por unha banda solicitan a continuación das beirarrúas tanto ata a conexión con Carballo coma, polo outro lado, ata o remate do lugar de Xoane. Ademais, consideran que as rotondas deixan illada á parroquia, polo que piden unha alternativa para o tráfico peonil; demandan medidas redutoras da velocidade e o acondicionamento da estrada e das beirarrúas existentes.

Dende o goberno municipal aseguran terse ofrecido para confinanciar as obras, mesmo asumindo a titularidade ao remate das mesmas, e propoñen unha senda ciclopeonil.

Novas relacionadas

Comentarios