Venres. 26.04.2024
El tiempo

“Carballo, exemplo do proxecto transformador que o BNG ten para este país”

Ana Ponton en Carballo 1
Ana Pontón en Carballo
“Carballo, exemplo do proxecto transformador que o BNG ten para este país”

Visitaba Carballo Ana Pontón nun acto de país. A voceira nacional do BNG, neste comezo de curso, presentaba o lema “Facer valer Galiza”, utilizando Carballo “exemplo do proxecto transformador que a formación nacionalista ten para este país.” Así o corroboraba a presencia de 300 cargos do partido na capital bergantiñá no acto celebrado no Parque do Anllóns.

“Queremos construír unha Galiza moderna, xusta e igualitaria, con futuro, na que a xente moza non teña que coller a maletas, con emprego decente, pensións dignas, un país de oportunidades no que vivir e traballar”, subliñou a líder do Bloque, fixándose nas políticas municipais do goberno carballés.

Nun momento no que as eleccións estatais parecen máis que á volta da esquina, pola ”frivolidade e loita de egos”, Pontón propón “mudar o centro de gravidade: menos Madrid e máis Galiza”, para facer “unha Galiza que non quere pedir permiso a Madrid.

Nesa liña argumentou que o BNG “é o quilómetro cero Galiza, igual que os produtos da terra, porque o noso centro de decisión está aquí”.

Animou á veciñanza á plantar cara “a ese bipartidismo-harmónico PP-PSOE, ao que agora se suma Podemos, que ten un nexo de unión: cando se trata de defender os intereses deste país, nin están nin se lles espera”, criticou.

Ademais do alcalde Evencio Ferrero, diferentes sectores sociais (sindicatos, asociacións…) alzaron a voz contra “o desmantelamento da sanidade, da industria e o emprego, da cultura, da lingua e do medio ambiente por parte dunha Xunta de Galicia”.

Acto de Ana Ponton en CarballoXose Regueira no acto de Ana Ponton en Carballo

Comentarios