Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carballo expropia os terreos dun edificio na ponte da Casilla para poder aumentar a canle do Anllóns

Edificio expropiado que sera derrubado en Carballo
Edificio expropiado que será derrubado en Carballo
Carballo expropia os terreos dun edificio na ponte da Casilla para poder aumentar a canle do Anllóns

O Plan específico de xestión do risco de Inundación (PEGRI) de Carballo aprobado por Augas de Galicia continúa avanzando. O último paso aprobado pola Xunta de Goberno foi a expropiación forzosa de case 300 metros cadrados dun terreo na ponte da Casilla. Unha expropiación que conlevará o derrubamento dun edificio situado na rúa Fomento 57, previo pago duns 400.000€ tras un proceso de tasación conxunta.

A partir da demolición do edificio poderase realizar outras actuacións como a reforma da ponte e creación dunha canle de augas altas na rúa Sol; afrontar reforma integral do parque do San Martiño: a mellora hidráulica do río Anllóns ao seu paso polo enlace entre a AG-55 e a AC-552, na Cepeira (Sísamo) e a realización dun bypass no Muíño do Quinto.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios