Martes. 15.10.2024
El tiempo

Carballo fachendea na feira Enerxétika de concello pioneiro na implantación da tecnoloxía led ao alumeado público

Carballo potencia enerxetika
Carballo fachendea na feira Enerxétika de concello pioneiro na implantación da tecnoloxía led ao alumeado público

As subvencións do IDAE, entidade dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica, para que os concellos afronte a renovación do alumeado público, está sendo unha revolución no aforro económico e enerxético das entidades municipais. Pero Carballo xa leva dende 2014 promovendo estas iniciativas medioambientais.

De aí que o Concello carballés fose invitado á feira sectorial Enerxétika 2022, que se celebra esta semana en Silleda. Os concelleiros Iván Andrade e Luis Lamas e técnicos municipais participaron onte nunha xornada técnica organizada pola Asociación de Empresas de Eficiencia Enerxética A3E, denominada “Servizos enerxéticos para a mellora da eficiencia enerxética no sector municipal e no sector privado”.

Foi Andrade, o concelleiro de Innovación, Formación e Emprego de Carballo, o que abriu a xornada como xefe de proxectos de Energal e delegado de A3E en Galicia. Lamas destacou o historia do Concocello carballés, “pioneiro na implantación da tecnoloxía led ao alumeado público”.

Enerxetika_grupo copia

Nesta edición ponse a disposición do público un circuíto de probas de condución de vehículos eléctricos, híbridos ou de combustibles alternativos.

Novas relacionadas

Comentarios