Varias parroquias de Carballo estrean alumeado máis eficiente
Xa sabemos o importantes que son as farolas na Costa da Morte, historicamente utilizadas para mercar votos. Hoxendía xa non se destila, e a xente xa sabe que non é un favor do político de turno, se non a súa obriga.
Así, en Carbalo Continúan tanto no medio rural como nas rúas da capital municipal carballesa os traballos para a implantación de novas lámpadas de tecnoloxía LED na rede de alumeado público.
O obxectivo desta substitución, ademais do aforro medio dun 80 por cento respecto do consumo actual, é o de mellorar a reprodución cromática e a visibilidade, ademais de achegar unha maior seguridade cidadá.
Así no Castrillón, na parroquia de Lema; na rúa Luís Calvo, na capital municipal,xa se teñen realizado xa os traballos de substitución das lámpadas do alumeado público por lámpadas de tecnoloxía LED por parte da UTE Ferroser-Ferrovial, concesionaria do servizo de subministro e mantemento do alumeado público do Concello de Carballo.
Na imaxe de Castrillón pode observarse a diferencia entre o alumeado antigo (alaranxado) e a maior visibilidade que ofrece o alumeado LED (de cor máis branca).