Domingo. 27.09.2020
El tiempo

Carballo fai arte colaborativa na rúa

Imaxes do Somos Rúa do ano pasado en Carballo
Imaxes do Somos Rúa do ano pasado en Carballo
Carballo fai arte colaborativa na rúa

Esta é a ecuación das novas xornadas artísticas participativas en espazo público que artella o Concello de Carballo para a última fin de semana do 2019. “O Somos rúa, facemos arte" volve á Praza do Concello de Carballo, para “facer arte” no espazo púlico, colaborando e interactuando co tecido asociativo e coas familias, dun xeito lúdico e pedagóxico.

Por que non transformar unha praza nunha sorte de "museo vivo"? Con esa premisa “Somos rúa, facemos arte" ofrece á cidadanía de Carballo achega á rúa a creación galega actual.

O venres 27 de decembro (de 10.30 a 13.30h + 16.30 a 18.30h) a Praza do Concello (no Mercado Municipal en caso de condicións meteorolóxicas adversas) encherase de Artes Plásticas con Roi Domínguez, e o seu Exercicio Arquitectónico para Individuo Incómodo, unha instalación escultórica colaborativa, efémera e inmersiva, que convida á reflexión, formulando espazos e alternativas artísticas no entorno urbano, traballando dende á cotidianeidade, a precariedade e a necesidade, co ollo posto na emerxencia climática, provocada, entre outros, polo exceso de residuos plásticos que se multiplica nas datas de Nadal. A instalación parte de bolsas de plástico (xa utilizadas, de cores, sen estampados nin letras) aportadas por todas as persoas que queiran participar, coas que realizar unha vidrieira na bóveda dun invernadoiro instalado temporalmente no centro da praza, que xoga co espazo e coa iluminación.

Andrea Torres fará paralelamente no Mercado Municipal outra escultura colaborativa, tamén con perspectiva medioambiental. Trátase dunha proposta destinada a nenas e nenos de entre cinco e doce anos. As criaturas terán que grabar nun cadrado de barro un pedaciño de mar, aquilo que máis lles gusta del ou as sensacións que lle producen. Posteriormente sobre as pranchas, se introducirán plásticos que teñan sido usados e escaiola, para concienciar sobre as consecuencias do utilización masiva do plástico. A anstalación final realizarase entre ás 17.00 e ás 17.30h. A partir das 17.30h, todas as crianzas participantes, poden recoller a súa peza e levala para casa.

O sábado 28 de decembro, ás 19:00h, pechará a cita co concerto de Portland, unha banda re pop-rock herculina.

E o domingo, 29 decembro (ás 13.00h), a Praza do concello convertirase de novo nun escenario, neste caso de Danza Contemporánea, con obra Incerteza, da compañía Licenciada Sotelo, interpretada por Nuria Sotelo e Cris Vilariño.

INFO PRENSA_SOMOS RÚA FACEMOS ARTE 3_Carballo copi4

comentarios