Venres. 29.03.2024
El tiempo

#25N: Carballo fai reflexionar sobre as conductas machistas

Carballo presentacion_25N 2021
Presentación da campaña polo 25N
#25N: Carballo fai reflexionar sobre as conductas machistas

As xornadas de formación para profesionais que se celebran o 30 de novembro son o punto do forte. Pero o programa polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero do Concello de Carballo é moito máis amplo. A provocativa campaña leva por título “E ti, en que punto estás?”, xa está en máis de 80 establecimentos comerciais convertindo as rúas e os escaparates en alfofalantes, e pretende facernos a toda a sociedade partícipe desta reflexión.

O foco da campaña deste ano son os homes, “porque son parte imprescindible da solución”, apunta Maica Ures. E os invitan a pasar pola rúa Valle-Inclán, xa que na esquina coa rúa Concepción Arenal hai un gran panel coa definición da violencia de xénero e con diferentes tipos de violencias exercidas polos homes sobre as mulleres, moitas veces sen que nin eles nin elas sexan conscientes.

O programa terá cita o xoves ás 12:00h na Praza do Concello, coa concentración e lectura da Declaración Institucional. Pola tarde, ás 16:30h, a rúa Valle Inclán acolle a carretilla violeta, unha proposta lúdica que inclúe contacontos, libros e xogos para nenas e nenos de 3 a 12 anos.<7p>

Ademais, a campaña visitará tamén os centros educativos con obradoiros específicos con vítimas de violencia machista.

Novas relacionadas

Comentarios