Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo impón 138 denuncias por non manter limpas as parcelas urbanas

inspeccion_parcelas Policia Local Carballo
Carballo impón 138 denuncias por non manter limpas as parcelas urbanas

Poucos son os concellos da comarca que coidan do cumprimento da  Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia. A pesar de que dende principios 2020 os propierarios das franxas dforestais cercanas aos núcleos están obrigados a manter sen maleza as parcelas, apenas os Concellos da Laracha, Ponteceso e Camariñas impoñen multas aos incumpridores.

Outro é Carballo. A Policía Local carballésa realizou nos seis primeiros meses deste ano 138 inspeccións de parcelas a raíz de denuncias por incumprimento ou ben da Ordenanza municipal de limpeza, salubridade e hixiene ou ben daa. Dende principios do 2020 a cifra elévase a 577, na maioría dos casos a raíz de denuncias presentadas pola veciñanza.

Durante as inspeccións, no caso de apreciarse incumprimento da normativa debe realizarse unha descrición detallada das medidas correctoras, fixar un prazo de execución e ditar a orde correspondente. 
Das 138 inspeccións, xa están resoltas case o 30% e as outras seguen o trámite administrativo correspondente. Os que incumpran, o convenio entre Xunta e Concellos permite que estes ordenen a Seaga a realización das actuacións necesarias de xeito subsidiario e despois esixan o pagamento dos custes.
 No que vai do 2022 dende o Concello de Carballo decretáronse 38 ordes de execución subsidiaria de limpeza de soares urbanos.

Máis info sobre a Lei

 

Que é unha faixa de xestión de biomasa?
É unha faixa de terreo na que se controlan o tipo e a altura da vexetación para previr o inicio dun lume, a súa propagación e os seus efectos. As faixas de xestión de biomasa conforman redes primarias, secundarias e terciarias, segundo as súas funcións. As primarias e terciarias están xestionadas directamente pola Consellería do Medio Rural, e as secundarias, polos concellos.

Cales son os ámbitos e obxectivos das redes secundarias?

  • Manter limpo o perímetro do monte e dos núcleos de poboación, de xeito que debe deixarse unha faixa limpa de polo menos 100 metros arredor dos núcleos. Ademais, a menos de 50 metros das vivendas e doutros 50 a partir do límite do núcleo rural limítanse as plantacións.
  • Manter limpas as beiras das infraestruturas públicas.
  • Manter limpa unha faixa de 5 metros na contorna das liñas eléctricas.
  • Nas zonas de alto risco de incendio, como é o caso do noso concello, debe manterse limpa ou rareada unha faixa de 50 metros nas novas edificacións de uso residencial, comercial, industrial ou de servizos, instalacións agrogandeiras
  • ou forestais.

Quen é responsable da limpeza das faixas?
As persoas propietarias, arrendatarias, usufrutuarias ou titulares das parcelas. As administracións, entidades ou sociedades titulares das vías de comunicación e das liñas eléctricas.
 

Como se pode poñer en coñecemento da Administración o incumprimento da lexislación?
O procedemento pode realizarse a través da Sede Electrónica do Concello de Carballo, tanto de maneira telemática como descargando o impreso de solicitude xeral e presentándoo en calquera dos rexistros municipais (Casa do Concello, Pazo da
Cultura, Servizos Sociais, Fórum Carballo, Carballo Deporte e rexistro telemático).

Cando debe facerse a limpeza?
Antes do 31 de marzo de cada ano.

Que pasa se non se fai?
A Consellería do Medio Rural ou o Concello, segundo os casos, notificará ás persoas titulares das parcelas a obriga de comezar a limpeza nun prazo máximo de 15 días. No caso de que se incumpra ese prazo, o organismo competente poderá ordenar os traballos de limpeza repercutindo os gastos na propiedade, obrigará a que se lle facilite o acceso para o cumprimento da limpeza subsidiaria, se é o caso; iniciará o procedemento sancionador e, no caso de incendio, poderá limpar ou realizar traballos preventivos sen autorización previa. As sancións ás que se expoñen as persoas que non limpen as súas propiedades van, no caso do incumprimento da ordenanza municipal, de 250 a 2.400 euros, e por incumprir a lei autonómica poden acadar os 100.000 euros.

Comentarios