Sábado. 04.05.2024
El tiempo

En Carballo, os libros alimentan novas vidas

vales_libros que alimentan carballo
En Carballo, os libros alimentan novas vidas

Singular iniciativa do Concello de Carballo para fomentar a lectura, e facer espazo nas librarías municipais. As concellarías de Bibliotecas e Mercados únense para poñer a disposición da veciñanza “Libros que alimentan”. Deste xeito, quen compre no mercado municipal de abastos obterá bonos para facerse con libros que se van descatalogando das librarías.

Un xeito fermoso de darlle unha nova vida a estes libros, como xa fan con iniciativas como o bookcrossing en distintos puntos, como as praias durante o verán ou o mercado municipal durante o inverno.

Os vales poderán trocarse no posto que teremos instalado na entrada da Gran Vía os xoves 21 e 28 de decembro, de 11.00 a 13.00 horas.

Obradoiro de Cociña para adolescentes

Este ano o Concello de Carballo, coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación e Soliedariedade, incorporan á programación de Nadal unha actividade para mozos e mozas a partir de 15 anos: Cambio climático no prato, un obradoiro de cociña sustentable que se desenvolverá no mercado municipal o venres 22, de 17.00 a 19.00 horas, e no que contaremos co cociñeiro Alejandro Iglesias, do Restaurante Cabanas.
Os interesados poden inscribirse enviando un e-mail cos seus datos (nome e idade) a [email protected].

Comentarios