xoves. 01.05.2025
El tiempo

Carballo mantén vivo o seu irmandamento francés tras 21 anos

Carballo mantén vivo o seu irmandamento francés tras 21 anos
Imaxe dunha visita do alcalde carballes a Francia en 2008

Medio centenar de franceses visitarán Carballo o vindeiro domingo, 19 de abril de 2015, camiño de cumprir xa os 21 anos de irmandamento entre a capital bergantiñana e a localidade francesa de L´Isle Jourdain. Este vínculo creado en 1994 mediante a firma dun convenio entre Manuel Varela e Michel Ghirardi - por aquel entón alcaldes de Carballo e de L´Isle Jourdain respectivamente - mantívose ao longo dos anos por encima dos cambios na vida política e materializouse como un compromiso a longo prazo entre os dous municipios.

Este ano os firmantes do convenio volveranse a atopar nun recibimiento institucional que terá lugar o 19 de abril, ás 20:00h no concello de Carballo e no que, por suposto, estarán presentes os actuais alcaldes Don Evencio Ferrero Rodríguez e Don Françis Idrac.

O mantemento deste lazo de irmandamento establecido no tempo non sería posible sen a vitalidade e o dinamismo do Comité de Hermanamiento de Carballo e sen un dobre compromiso: o das autoridades locais e o dos cidadáns que participan activamente como familias de acolleita.

Cómpre recordar que a Asociación de Hermanamiento organiza actividades ao longo de todo o ano como os encontros linguísticos para o perfeccionamiento da lingua francesa (que se desenvolven entre outubro e xuño) ou o Festival de Variétés.

Durante os 5 días de estadía - do 19/04 ao 23/04 - os “irmáns franceses” e as súas familias de acolleita poderán gozar de distintos itinerarios programados que combinan arquitectura con natureza e que inclúen visitas a lugares de interese como Malpica, A Coruña, Fisterra e Santiago de Compostela. O seu permanencia na capital de Bergantiños finalizará o xoves 23 de abril cunha visita ao mercado local de Carballo, data na que regresarán á súa terra natal.

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios