Domingo. 09.08.2020
El tiempo

Carballo pon en marcha un programa de vermicompostaxe pioneiro en Galicia

Carballo pon en marcha un programa de vermicompostaxe pioneiro en Galicia
Despois do éxito acadado co programa de compostaxe doméstica, o Concello de Carballo vai un paso máis alá coa posta en marcha, coa colaboración de Sogama, dunha experiencia piloto de vermicompostaxe, un proceso no que as lombrigas de terra desenvolven un papel fundamental ao inxerir a materia orgánica subministrada e excretala en forma de humus, que é un fertilizante excepcional. “Debemos ter en conta que a materia orgánica representa nos fogares máis do 40% do lixo producido, polo que darlle unha saída útil nos propios fogares trae consigo múltiples beneficios”, explica o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas. compostaxe caseiro carballo compostaxe caseiro carballo O Concello de Carballo volve a ser pioneiro en Galicia neste senso. A filosofía que motivou no seu día a creación da marca "Carballo Limpo" está a motivar novos proxectos, coma este. O traballo desenvolvido nos últimos anos permitiu acadar un obxectivo importante: “Temos método e logramos xestionar de forma exemplar as cinco fraccións de residuos urbanos”, sinala Luis Lamas. A Concellería de Obras e Servizos aspira a conseguir de novo a implicación veciñal para a implantación da vermicompostaxe. Nestes momentos hai 150 familias no rural carballés que están a colaborar na redución de residuos por medio da compostaxe caseira. Nesta nova fase implantaranse 22 vermicomposteiros. O proceso correrá a cargo da empresa especializada Ecocelta, que leva a asistencia técnica do programa no que participan Sogama e o Concello. As familias que queiran sumarse poden descargar o formulario correspondente e entregalo no Concello de Carballo. O vermicomposteiro e a formación para o seu uso ofreceranse de xeito gratuíto.

comentarios