Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Carballo propón un Verán Cultural coas mulleres galegas como protagonistas

  • Guadi Galego, Fillas de Casanda, Caamaño&Ameixeiras e a Banda Xangai pasarán este verán polo escenario da Praza do Concello.
Programa Veran Cultural Carballo 2023
Carballo propón un Verán Cultural coas mulleres galegas como protagonistas

Ademais do completísimo programa de San Xoán, e pendentes do da PLIC!, a Praza dos Libros, o Concello de Carballo vén de presentar o programa do Verán Cultural, para manter viva a chama da cultura.

Unha programación que inclúe unha oferta musical “de gran actualidade, cunha forte presenza de mulleres galegas, artistas consolidadas como Guadi Galego ou emerxentes como Fillas de Casandra e Caamaño&Ameixeiras.

Porque a esa presenza maioritariamente feminina vanse sumar a Banda Xangai, liderada por Xurxo Souto, e as agrupacións de música e baile tradicional do noso concello: Arume, Nemeth, Escola do Alprende e Banda Municipal de Gaitas.

E ademais haberá un espectáculo de malabares e equilibrios para toda a familia coa compañía galega Muu!!!, cine ao aire libre en barrios e parroquias, e moito máis! 

PROGRAMACIÓN

Venres 12 de xullo. 22.30 horas

Guadi Galego. Vén de recibir o Premio Martin Códax na categoría de mellor canción de autora do ano 2024. Presentará o seu último traballo, Síntese horizonte.

Venres 19 de xullo. 22.30 horas

Fillas de Casandra. Presentarán Últimas dionisíacas, un espectáculo no que mesturan música tradicional, pop e techno, co que farán bailar a toda a praza.

Venres 26 de xullo. 20.30 horas

A compañía galega Muu!!! presenta Chunc 2, un espectáculo no que dous superherois, a través do humor, malabares e equilibrios, van deixar a máis de unha coa boa aberta.

Venres 2 de agosto. 22.30 horas

Caamaño&Ameixeiras. Outra das grandes revelacións da música galega, que veñen de ser galardoadas co Premio Martín Códax na categoría de folk, e que presentarán o seu último traballo, Quitar o aire.

Venres 9 de agosto. 22.30 horas

Banda Xangai. A banda que inventou o sentimento bravú chegará a Carballo capitaneada por Xurxo Souto.

Venres 16 de agosto. 22.00 horas

Cine. Proxección da película Matria, unha das producións galegas máis galardoadas no último ano, protagonizada por María Vázquez, nominada aos Goya e premiada como mellor actriz no Festival de Málaga e nos Premios Forqué. Ao longo do verán haberá outras proxeccións en barrios e parroquias: ás 22.30 horas en xullo e ás 22.00 horas en agosto.

Venres 23 de agosto. 21.30 horas

Festival de música e baile tradicional, no que actuarán os grupos das asociacións cultural e xuvenil Arume, Nemeth, Escola do Alprende e a Banda Municipal de Gaitas.

Comentarios