O completísimo programa do San Xoán carballés

Moito máis que unha noite de cachelas se ten convertido o San Xoán de Carballo. Durante todo este mes de xuño, a capital de Bergantiños acollerá unha marea de actividades.
Entre as novidades destas festas, ademais da súa duración, que "xa supera os sanfermíns" (brincadeira do alcalde), destaca o traslado das barracas á zona do Rego da Balsa, onde tamén se celebrará algunha das verbenas, e a cachela popular, que foi un auténtico éxito na súa primeira edición,
O pregoeiro será Sergio Moure de Oteyza, nado en Carballo no ano 1969 e veciño do concello ata a adolescencia, famoso compositor musical e autor da Sinfonía de Bergantiños para o Concello de Carballo. Este ano, polo tanto, o pregón será dobre: o que pronunciará Sergio Moure, e a súa sinfonía, cuio terceiro movemento leva o nome de Carballo, interpretado músicos da Banda Municipal de Gaitas e da Banda de Música do Conservatorio, aos que se sumarán o zanfonista Luis Bolón, de Sofán, e unha vintena de cantareiras das agrupacións Arume, Escola do Alprende e Nemeth.
Máis novas