Mércores. 06.11.2024
El tiempo

Carballo “recicla vidro por elas”

Ecovidro dia_cancro_mama_carballo
O onde o alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Igualdade, Maica Ures: a presidenta da Xunta Local contra o Cancro, Ana Casades, e o xerente de Ecovidrio para a zona de Galicia e Asturias, Germán Fernández, presentaron a iniciativa.
Carballo “recicla vidro por elas”

Arrincaba onte en Carballo unh anova campaña de reciclaxe en clave solidaria da man da entidade sen ánimo de lucro Ecovidrio. A campaña estatal “Recicla vidro por elas?” trata de mobilizar aos cidadáns a reciclar envases de vidro para coidar do medioambiente e contribuír así cunha causa solidaria: a prevención do cancro de mama.

Desde hoxe e durante as próximas semanas, dúas iglús rosas estarán situados na Praza do Concello, Ecovidrio transformará os envases de vidro depositados nos contenedores nunha donación á Fundación Sandra Ibarra de Solidariedade Fronte ao Cancro.

Carballo si recicla

Segundo os últimos datos relativos a 2020, os habitantes de Carballo reciclaron un total de 647 toneladas de envases de vidro, o que supón que cada habitante reciclou de media 20,6 kg. Respecto de a taxa de contenerización, Carballo sitúase cunha media de 102 habitantes por contenedor, contando cun total de 309 iglús para os residuos de envases de vidro instalados.

Comentarios