xoves. 01.05.2025
El tiempo

Carballo revisa os seus parques infantís e biosaudables

Carballo revisa os seus parques infantís e biosaudables
parques-infantis-carballo Os operarios solucionar os defectos detectados nos case 40 parques infantís e biosaudables existentes no municipio carballés No concello de Carballo traballan estes días para poñer a punto os distintos parques infantís e biosaudables do municipio. Así son xa 18 (dos 39 totais) nos que xa concluíron as actuacións de mellora. Entre eles figuran todos os dos colexios e escolas unitarias, que estarán para o comezo do curso. Nas escolas das Encrucilladas, A Raíña, O Almacén, O Piñeiro e O Moucho, así coma no CEIP A Cristina, xa remataron os traballos. En ningún caso se trata de grandes obras, senón de pequenos arranxos como o lixado e pintado de madeiras ou metais, a reposición ou reparación de elementos de xogo, a colocación de paneis coas instrucións de uso, a fixación de táboas soltas, a eliminación de folguras nos eixos, a reposición de tornillería, a limpeza e reposición de lousas e areeiros ou a eliminación de determinados elementos. Ademais dos defectos rexistrados na inspección previa, tamén se están a solucionar outros detectados durante a execución dos traballos, como a reparación do cable da tirolina do parque Rego da Balsa, que xa está de novo en uso, ou a reposición de pezas da valla no parque da Brea, onde aínda está pendente a actuación. O obxectivo é garantir a seguridade dos pequenos e pequenas, e por iso cada ano encárgaselle a unha empresa certificada en inspección e calidade de áreas de xogo un informe sobre os máis de 40 parques infantís e biosaudables existentes no termo municipal. Unha vez realizadas as reparacións, os parques volverán a ser revisados e certificados. Os traballos, que comezaron a finais de xullo, teñen un prazo de execución de tres meses, e rematarán coas actuacións que impliquen reparación ou substitución dos pavimentos de caucho. O investimento este ano acada os 13.058,32 euros, inferior a anos anteriores, xa que, como apuntou o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, grazas ás revisións anuais os danos a reparar redúcense ao deterioro propio do elevado nivel de uso que teñen os nosos parques infantís. De feito, segundo os informes técnicos, o estado dos parques carballeses en xeral é bo ou moi bo. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios