Carballo sae á rúa para amosar a súa repulsa contra a agresión machista de Sísamo
- O Círculo Feminista de Carballo convoca unha concentración tamén para este mércores 1 de xuño ás 20:00h na praza do Concello.
Se pola mañá foron os Concellos de Malpica, Coristanco ou Ponteceso os que convocan as concentracións de repulsa, pola tardiña, ademais da Laracha, tocáballe á veciñanza de Carballo saír para denunciar socialmente a brutal agresión machista acontecida na madrugada do luns en Sísamo.
Foron centos de persoas as que se achegaron ás 19:00h á Praza do Concello, para mandar todo apoio da veciñanza carballesa a Alejandra e a toda a súa familia. Tres mulleres da corporación leron esta declaración institucional antes de que un longo minuto de aplausos chegasen ata Sísamo.
Do mesmo xeito, a comunidade educativa do IES Alfredo Brañas quixo protagonizar esta marcha:
Concentración do Círculo
O Círculo Feminista de Carballo convoca tamén a súa concentración:
Cómpre lembrar que as vítimas de violencia de xénero poden solicitar axuda e atención inmediata e especializada no teléfono gratuíto 016 (600 000 016 a través de Whatsapp) e o correo electrónico [email protected].