Carballo tamén Concilia as dúas primeiras semanas de setembro


Rematan os campamentos de verán pero os nenos non comezan o cole ata mediados de setembro. Que facemos cos nen@s? Centos de avós, despois de pasar un verán máis que atarefados, volven coller o protagonismo e terán que coidar os nen@s antes de que empece o cole. Excepto os avós dos 85 usuarios de tres colexios que entran no Programa Concilia que ofrece a Concellaría de Igualdade e Benestar e que empeza a funcionar o luns 3 de setembro.
Nenos do Fogar, Bergantiños e, por primeira vez, Gándara-Sofán terán ademais un horario máis amplo, adiantándose ás 7:00h a entrada.
Os/as participantes reciben atención especializada ata a hora de comezo das clases, desenvolven actividades de ocio e tempo libre, e ademais existe un servizo de almorzo opcional.
Durante os períodos vacacionais tamén se ofrece a posibilidade de continuar co servizo para os/as usuarios/as fixos/as. A partir do 15 de setembro habilitarase outro prazo para as incorporacións que se produzan a partir de outubro, aberto durante todo o ano” para dar resposta ás necesidades que poidan xurdir.