Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Carballo tece pontes coa Universidade da Coruña

23022023 reunion_UDC_Concello Carballo
Carballo tece pontes coa Universidade da Coruña

Segue achegándose a Universidade da Coruña á nosa comarca. Precisamente onte arrincaba unha nova edición da Universidade Sénior que se desenvolven en Baio, e que permite achegarse á aprendizaxe universitaria a 55 maiores de 55 anos da costa.

Paralelamente, o reitor da UDC, Julio Abalde, recibía na Coruña ao alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, para manter unha reunión coa intención de avaliar a posibilidade de desenvolver accións conxuntas. De feito, unha das ideas sobre a mesa é  a posibilidade de converter Carballo nunha das sedes da universidade sénior.

Concello de Carballo e Universidade da Coruña teñen colaborado xa en iniciativas como a organización de cursos de verán, e este ano está previsto manter esa cooperación cunha nova edición do curso de normalización lingüística Traballando en lingua.

Na xuntanza de hoxe acordouse estender a colaboración a outros ámbitos a través de accións formativas e divulgativas da UDC dirixidas tanto ao actual alumnado universitario como a futuros estudantes. Nestes momentos realizan estudos de grao na UDC un total de 226 mozos e mozas do concello carballés, dos cales 24 están matriculados/as nalgún máster e 7 cursan estudos de doutoramento.

Evencio Ferrero e Julio Abalde abordaronr, así como de poñer en marcha diferentes accións divulgativas en colaboración co Concello e cos centros educativos. O alcalde manifestou que os recursos municipais están a disposición da UDC para que as propostas abordadas na xuntanza de hoxe poidan materializarse.

Comentarios